Ortografía (A voapluma, Diario de Ferrol, 02/07/2000)

Findou xuño do 2000. Na derradeira tarde do mes, Antonio Campos Romay e os seus compañeiros do Instituto de Estudios Políticos y Sociales xuntaron catro persoas no Círculo de Artesáns da Coruña para falaren da narrativa galega, entre o castelán e o portugués.
Na mesa, Beatriz Abelairas, cronista literaria, bela e eufónica, Miguel Anxo Fernán-Vello, poeta a representar todos os escritores en lingua galega, e dous narradores, Docampo e Alcalá.
Fronte á mesa un público de caras non identificables coa narrativa en galego; e unha poeta, Ánxeles Penas
Pena é que as palabras se desfagan no espacio e o tempo segundo perde enerxía a onda de presión da fala. Porque hai frases que debían perdurar, manterse e espallarse por todos os territorios dos seus destinatarios.
España, Portugal, Brasil, Angola, Mozambique…, mesmo Timor Leste, que Docampo non quixo esquecer. Galicia ten o seu sistema literario independente, pero en cousa de lingua e cultura vive entre nacionalistas españois e portugueses. Galicia non ten por que renunciar á súa identidade narrativa segundo Fernán-Vello, pero ten que ceder na diferencia mínima da ortografía para gañar espacio lector (Docampo).
O centro da literatura galega é Madrid, cando a nova capital de Galicia vai sendo Porto, no Eixo Atlántico. Os empresarios galegos rompen fronteira, os literatos non son capaces. Só len en castelán (Alcalá)…
Dixéronse moitas, que Beatriz anotou. Pero máis se dirían a seguir nunha cea á vasca, aínda que esas fican mellor en reserva para novelas.

[Diario de Ferrol, A voapluma, 02/07/2000]

Unha reflexión sobre “Ortografía (A voapluma, Diario de Ferrol, 02/07/2000)

  1. Hola Xavier, mi nombre es Santiago Santamarina, vivo en argentina, soy asesor del Diputado de la Ciudad de Buenos Aires Eduardo Antonio Santamarina. Tengo en mis manos el libro ¨Huinca Loo – Un arroyo en la frontera¨, con una dedicatoria para mi hermano Manuel Santamarina. El diputado y yo estamos muy interesados en poder hablar con usted.
    Desde ya quiero felicitarlo por el libro, aún no he terminado de leerlo, pero me recuerda a mi antepasado Ramón el cual veo muy bien representado en el padre de Santiago de Castro.
    Muchas gracias.

Os comentarios están pechados.