Bibliografía

1. Novelas:

Sobre as tensións que xorden nunha vila mariñeira ante a instalación dunha empresa contaminante na contorna.
A Ínsua. Ed. Alvarellos, 1978.

portada-a-nosa-cinza-1980.jpg1980 portada-a-nosa-cinza-1982.jpg1982 portada-a-nosa-cinza-1987.jpg1987 portada-a-nosa-cinza-2001.jpg2001 2004, 2008
A Nosa Cinza. Ed. Follas Novas, 1980. Reeditada por Ed. Nos en 1982 e 1983, e por Ed. Galaxia en 1987, 1988, 1989, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1999, 2001, 2004 e 2008.

Montada como unha collage, chea flash-backs entre a República e transición democrática, a historia penetra na Guerra Civil e as súas secuelas, trasfondo de A nosa cinza e materia na que o autor ha incidir en moitos textos posteriores. Amor, odio, traizón e vinganza marcan vidas de personaxes que non chegan a coñecer a súa relación íntima.1980 portada-fabula-1986.jpg1986 2002 2011 (castellano)
Fábula. Ed. Galaxia, 1980. Reeditada por Galaxia en 1982, 1984, 1986 e 1993, e por La Voz de Galicia en 2003. Premios Cidade da Coruña e Crítica Española.

portada-nos-pagos-de-huinca-loo-1982.jpg1982 'Nos pagos de Huinca Loo' é a primeira narración do “ciclo arxentino” da obra de Xavier Alcalá. A aventura emigrante de cruzar o océano e a fascinación polos enormes territorios baleiros que alén del se atopan van xuntar personaxes de moi distinta orixe. Mulleres e homes do Vello Mundo mesturan na historia desta novela as súas paixóns coas dos perdedores ante o avance da “civilización”: os indios.1992
Nos Pagos de Huinca Loo. Ed. Nos, 1982. Reeditada por Ed. Galaxia en 1992.

A idea da novela consiste en introducir o lector nun mundo pechado de escritores que se reparten honras e galardóns literarios. Neste contexto o escritor protagonista concibe un desafío persoal: enviar un plaxio literario a un premio á espera de que os membros do xurado non reparen no engano. En 'Tertúlia' preséntanse varias opcións ortográficas para o galego. Obra criticada por irrespectuosa, logo de esgotada a primeira edición nunca máis foi republicada.
Tertúlia. Ed. Sotelo Blanco, 1985.

portada-fumes-de-papel-1989.jpg1989 portada-fumes-de-papel-1992.jpg1992 portada-fumes-de-papel-2004.jpg2004
Fumes de Papel. Ed. Vía Láctea, 1988. Reeditada por Vía Láctea en 1989 e por Galaxia en 1992 e 2004.

portada-carcere-verde-1990.jpg1990 portada-contra-el-viento-1994.jpg1994 (castellano) portada-carcereverde.jpg2004
Cárcere Verde. Ed. Galaxia, 1990. Reeditada por Galaxia en 1990, 1991 e 2004. Editada en castelán por Ediciones SM de Madrid en 1993 e 1994 co título de Contra el viento.

'Latitude austral' vai levando o lector desde o paralelo 29 ao paralelo 55 de latitude Sur, desde as pampas inmensas á desolación xélida da “Tierra del Fuego”. Fillos da Galicia lonxincua –pero non esquecida– viven peripecias propias da nación Arxentina que se desenvolve cara á “acabación” do continente americano. Son emigrantes invulgares, epopeicos.
Latitude Austral. Ed. Galaxia, 1991. Reeditada por Galaxia en 1992.

'Código Morse' é un típico relato de intriga, con catro elementos principais: un pazo illado á beiramar, un amuleto en aparencia, un tesouro e unha mensaxe en clave. A eles engádense as vidas de personaxes enguedellados en paixóns e crimes. “Novela sólida, de longo alento e amplo percorrido, ben resolta, de doada lectura” no dicir crítico de Xosé Antonio Ponte Far, é a narración en primeira persoa feita por un tipo cartesiano que se enfronta ao que a ciencia non pode admitir malia ser verdadeiro. A súa historia parte de lonxe, cun tataravó corsario, mais toma intensidade durante o franquismo; para rematar en tempos modernos, nos que o misterio desvelado resulta un luxo.1996 1997 (castellano)
Código Morse. Ed. Xerais, 1996. Editada en castelán por Editorial Valdemar de Madrid co mesmo título.

'Alén da desventura' é unha novela de aventuras, de homes enfrontados á guerra e ás crueldades da Natureza por terra e mar; de vontades de vivir con honra superando abraiantes dificultades. Tres relatores, un deles descoñecido, máis un frade misioneiro e un mariño inglés levan o lector do Ferrol dos estaleiros aos confíns do mundo, no Mar Austral.1998, 1999 Al sur del mundo, de Xavier Alcalá2009 (castellano)
Alén da desventura. Ed. Galaxia, 1998, reeditada en 1999. Premio Blanco Amor. Versión castelá en 2009 para Ézaro Ediciones.

portada-entrefronteiras.jpg2004 port-entre-fronteras-2006.gif2006 (castellano)
Entre fronteiras. Ed. Galaxia, 2004 (Primeira parte da triloxía Evanxélica memoria). Editada en castelán por Ézaro en 2006 co título de Entre fronteras.

'Nas catacumbas' trata dos tempos en que toda a España contraria ao franquismo viviu soterrada, oculta. A historia do protagonista, autobiógrafo, desenvólvese entre 1939 e 1950; pasa por un duro desterro a Cáceres e afúndese logo nunha vila das Mariñas coruñesas onde asasinan a quen se atreve a criticar os asasinos.2005 2008 (castellano)
Nas catacumbas. Ed. Galaxia, 2005 (Segunda parte da triloxía Evanxélica memoria). Premio da Crítica de Galicia 2006.

2007 2009 (castellano)
Unha falsa luz. Ed. Galaxia, 2007 (Terceira parte da triloxía Evanxélica memoria).

Verde oliva, de Xavier Alcalá2012 Verde oliva, de Xavier Alcalá2012 (castellano)
Verde oliva. Ed. Galaxia, 2012.  Versión en castelán en Ediciones Nowtilus, 2012.

 

2. Narracións curtas:

portada-voltar-1972.jpg1972 portada-voltar-1988.jpg1988 portada-voltar-1992.jpg1992
Voltar. Ed. Galaxia, 1972; reeditada por Galaxia en 1988 e por Diario 16 de Galicia en 1992.

Con pinceladas humanas, n' 'A fundición' Alcalá fai un retrato do industrialismo mísero dun país incapaz de progresar con base na harmonía entre capitalistas e traballadores, no respecto malia as diferenzas.
A Fundición. Ed. do Castro, 1978. Premio Pedrón de Ouro.

Neste relato o autor dá unha visión aceda do que acontece en Alén-Montes, provincia periférica de Centralia, cando ata alí chega un novo medio audiovisual absorbente, que penetra nos lares e fai mudar a lingua e os costumes do pobo. Os comportamentos dos membros dunha asociación cultural alenmontesa resistente fan lembrar os de homólogas galegas. As semellanzas de personaxes da fábula tecnolóxica con persoeiros da cultura galega na década dos 70 son notorias, o que provocou na altura que fora recibido con aplausos e acusacións.
O Larvisión. Ed. do Castro, 1981. Premio Francisco Lanza.

En 'O larvisión e outros relatos' é unha escolma na que aparecen 'A fundición', 'O larvisión' e 'Evaristo o do cine', xunto con outras que xa anunciaban o dominio narrativo que máis tarde fundamentaría as súas obras máis recoñecidas.
O Larvisión e outros relatos. Ed. Xerais, 1984.

portada-caderno-de-viaxe-1989.jpg1989 'Los Angeles flash' é a primeira “crónica de viaxe ampliada” de Xavier Alcalá, a cabalo entre apuntamentos impresionistas de viaxeiro e fantasía de fabulador que transforma persoas reais en personaxes. O mundo da capital californiana pasa polas páxinas do relato como iluminado por un lóstrego, un clarón, un flash na lingua que non é de todos os habitantes da West Coast. Mestura de xentes de todo o mundo, porto final de chicanos clandestinos, entre os rañaceos do centro, as areas de Malibú e os altos resecos de Hollywood pulula unha enorme masa humana.1996
Los Angeles Flash, en Caderno de viaxe. Ed. Xerais, 1989. Tamén en Unha liña no ceo. Ed. Xerais, 1996.

'O cabalo da cor vermella' é un capítulo de 'Voltar'. Nel preséntase a vida nun colexio maior da Cidade universitaria de Madrid. A estes colexios nos anos 60 do pasado século foron residir moitos galegos da chamada “xeración do bacharelato superior”: a dos que fixeran o curso preuniversitario pero non querían estudar carreiras tradicionais, as únicas que ofrecía Santiago. Nese ambiente a idea de voltar a Galicia para “facer país” era motivo de constantes conversas entre os compañeiros de residencia. Así o mostra o autor, penetrando en pensamentos e sentimentos de dous personaxes nitidamente deliñados.
O cabalo da cor vermella, en Antoloxía do conto galego. Ed. Galaxia, 1989 e sucesivas edicións.

A acción comeza cando dos indios do Lonxincuo Sur só fican tumbas e sobre elas pace o gando dos exterminadores. Polos desertos patagónicos o vento trae voces de anarquismo; o exército intervén e os rebeldes acaban cavando as propias tumbas antes de seren fusilados. Un deles é un galego baixo e forte, o “Petiso” Montotto, personaxe moi próximo á persoa dun emigrante con apelido mal transcrito de quen oíu falar o autor.
Far South. en Contos da Xustiza. Ed. Ir Indo, 1991.

'Contos das Américas' recolle narracións breves do ciclo americano de Xavier Alcalá nunha sucesión xeográfica, de Norte a Sur: L. A. Flash; Látex; Desde a ponte;O petiso Montotto (revisión).1992 Cuentos de las Américas, de Xavier Alcalá2010 (castellano)
Contos das Américas. Ed. Xerais, 1992. Versión en castelán de Meubook, 2010.

portada-contos-do-impais.jpg
Contos do Impaís. Ed. Xerais, 1992.

portada-ai-esta-o-conto-1992.jpg1992 portada-manual-e-escolma-1995.jpg1995
Sucinto informe, en Aí está o conto. Ed. Consellería de Cultura, 1992. Tamén en Manual e escolma do relato galego. Ed. Sotelo Blanco, 1995.

portada-relacion-de-feitos-de-sangue-1994.jpg1994 portada-relatos-laiovento.jpg1995
Relación de feitos de sangue. Ed. ACK, 1994. Tamén en Relatos. Ed. Laiovento, 1995. Premio Manuel Murguía.

portada-hotel-damasco-1995.jpg1995 portada-palabras-da-montana-2006.jpg2006
Hotel Damasco. Ed. Nigra, 1995. Premio Concello de Vilalba. Tamén en Palabras da montaña. Ed. Abano, 2006.

portada-berra-liberdade-1996.jpg
O petiso Montotto, en Berra liberdade. Ed. Galaxia, 1996.

portada-bol-g-de-literatura-1997.jpg
Bonchul, en Boletín Galego de Literatura. Univ. de Santiago, 1997.

portada-paisaxes-con-palabras.jpg
Informe de dúas mortes, en Paisaxes con palabras. Galaxia, 2001. Premio Manuel Murguía.

portada-longa-lingua.jpg
Palabras de cacique, en Longa lingua. Ed. Xerais, 2002.

Seis ferroláns
O tafetán. Ed. Embora, 2003.

portada-narradio.jpg
Piñón de Ferrol, en Narradio. 56 historia no ar. Ed. Xerais, 2003.

Fóra de obxectivo. Ed. A nosa Terra, 2003.

En
A guerra de Creta, en A semente aquecida da palabra. Ed. Consello da Cultura Galega, 2003.

portada-evaristo-do-cine.jpg1992portada-antoloxia-do-conto-galego-2005.jpg2006
Evaristo do cine, en Conto galego do século XX. Ed. Galaxia, 2006.

portada-irene-e-a-poli-2007.jpg
Irene e a poli, na colección Contos de agardar. Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, 2007.

3. Narracións de viaxes:

portada-rg-v-centenario-1989.jpg
El vasco Santamarina, en Revista da Comisión Galega do V Centenario. 1989.

portada-arxentina.jpg
Arxentina. Ed. Xerais, 1990.

portada-dorna-1990.jpg
Baixo o Cruceiro do Sul, en Dorna, 16. Ed. Universidade de Santiago, 1990.

portada-viaxes-no-pais-de-elal.jpg
Viaxes no país de Elal. Ed. Galaxia, 1992.

portada-dorna-1992.jpg
Informe do Paraguai, en Dorna, 19. Ed. Universidade de Santiago, 1992.

portada-contos-da-ruta-1996.jpg
Viaxando: o tren ás nubes, en Contos da ruta. Ed. Caixa Galicia, 1996.

portada-a-galicia-exterior-1997.jpg
Antonio Soto Canalejo, en A Galicia Exterior. Ed. Xunta de Galicia, 1997.

portada-la-habana-flash-1998.jpg
La Habana flash. Ed. Galaxia, 1998.

4. Traduccións:

portada-a-illa-do-tesouro-1984.jpg1984 portada-a-illa-do-tesouro-2003.jpg2003
A Illa do Tesouro (de Stevenson), versión completa e anotada. Ed. Xerais, 1984. Reeditada por Xerais varias veces desde aquela (2003 en serio Ouro).

portada-esdudioenescarlata.jpg
Estudio en Escarlata (de Doyle), versión completa e anotada. Ed. Xerais, 1986.

5. Colaboracións xornalísticas desde 1971:

Series continuadas con frecuencia diaria en
El Ideal Gallego / Diario de Ferrol:
-“A voapluma”

Series continuadas con frecuencia semanal en
El Ideal Gallego:
-“Desde a Última Trincheira”
-“Desde a Primeira Liña”
-“Do Caderno ao Prelo”

Faro de Vigo:
-“O Impaís”

El Correo Gallego:
-“Do Caderno ao Prelo” (suplemento cultural)
-“Faro do Burgo” (opinión, 3ª páxina)

O Correo Galego:
-“A Galicia que vén”
-“Xentes de oficio” (entrevistas)

El Mundo (Galicia):
-“Galicia aberta”
-“Pluma ao voo”
-“Pulso de Ferrol”
-“Hoy Miércoles”

Galicia en el Mundo:
-“Cartas a Cholo”
-“Cartas aos amigos”

La Voz de Galicia:
-“Caderno de viaxe”
-“Caderno da vida”
-“A voo de tecla”

Series continuadas con frecuencia mensual en
Revista ECO:
-“Noticias técnicas”
-“Eido Común”
-“A xanela”

Revista BIT:
-“A vuelapluma”

Diario El Mundo (extra de Telecomunicacións)

Artigos sen continuidade nas revistas Teima, Man Común, Luces de Galiza e Economía Gallega.

6. Ensaio/ entrevista:

portada-agaleguidadeempresarial.jpg
A galeguidade empresarial. Ed. Xunta de Galicia, 1996.

portada-contos-de-cine.jpg
Discurso do novo século. Ed. Xunta de Galicia, 1996.

7. Método de lingua:

portada-o-galego-hoxe-1978.jpg
O Galego Hoxe (en colaboración). Ed. La Voz de Galicia, 1978. Reeditado por La Voz numerosas veces.

8. Textos académicos:

C-e: de empresa a empresa. Ed. Equinoccio, 2005.

9. Textos sobre patrimonio cultural:

portada-guia-da-provincia-da-coruna.jpg
Guía da provincia de A Coruña: Historia, Patrimonio, Gastronomía. Caixavigo, 1996.

portada-a-memoria-de-ferrol-2002.jpg
Memoria de Ferrol. Ed. Xerais, 1992.

[Setembro de 2007]