A Coruña: presentación de Fábula (sábado 8 de agosto, 20:30 hs, Feira do Libro)

Xavier Alcalá FábulaAmigas, amigos todos: mañá, día 8, ás 20:30, na Feira do Libro da Coruña imos presentar a 7ª edición de ‘Fabula’, novela que vía a luz nos tempos que conduciron ao aciago 23 F do 81.

Nela trátase de amor e odio, de guerra e posguerra, fascismo e liberdade, de política e negocios, de eleccións que uns gañan e outros perden. Nesa fábula hai un grande paralelismo co que hoxe acontece.

Para falarmos diso estaremos o autor, Xavier Alcalá, o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e dous comentaristas, Xulio López Valcárcel e Xoán Antón Pérez Lema.

Tati Mancebo será responsable de que nos cingamos ao obxectivo: abrirmos coloquio sobre o que puido ser e non foi, mais podería ser logo de 35 anos.

Vinde e participade: non hai nada máis real cás fábulas.

A Coruña: presentación de Fábula, este sábado 8 de agosto, ás 20:30 horas, na Feira do Libro

O Xavier Alcalá Fábulasábado 8 de agosto, ás 20:30 horas, dentro dos actos da Feira do Libro da Coruña, preséntase a reedición de Fábula, publicada na Editorial Galaxia.
No acto estarei acompañado por Tati Mancebo, Xoán Antón Pérez Lema, Xulio López Valcárcel e Víctor F. Freixanes.
A entrada é libre para o público interesado. Agardo vervos alí!!