A Coruña: presentación de Fábula (sábado 8 de agosto, 20:30 hs, Feira do Libro)

Xavier Alcalá FábulaAmigas, amigos todos: mañá, día 8, ás 20:30, na Feira do Libro da Coruña imos presentar a 7ª edición de ‘Fabula’, novela que vía a luz nos tempos que conduciron ao aciago 23 F do 81.

Nela trátase de amor e odio, de guerra e posguerra, fascismo e liberdade, de política e negocios, de eleccións que uns gañan e outros perden. Nesa fábula hai un grande paralelismo co que hoxe acontece.

Para falarmos diso estaremos o autor, Xavier Alcalá, o director xeral da Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, e dous comentaristas, Xulio López Valcárcel e Xoán Antón Pérez Lema.

Tati Mancebo será responsable de que nos cingamos ao obxectivo: abrirmos coloquio sobre o que puido ser e non foi, mais podería ser logo de 35 anos.

Vinde e participade: non hai nada máis real cás fábulas.

Manel Cráneo prepara a Banda Deseñada de A nosa cinza

Xavier Alcalá, Alfredo Ferreiro e Manel Cráneo“Con máis de 100.000 exemplares vendidos e tres xeracións de galegos e galegas conquistadas dende o seu lanzamento en 1980, A nosa cinza é unha das obras máis populares da narrativa galega contemporánea. Xavier Alcalá volve a súa ollada aos días de escola, a unha adolescencia caracterizada polas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade. Esta recreación dos tempos da posguerra a través das vivencias dun rapaz conquistará as xeracións vindeiras, tamén, cun novo formato, o da banda deseñada. Un equipo formado por Manel Cráneo, Alfredo Ferreiro e o propio Xavier Alcalá traballa xa na novela gráfica, que chegará ás librarías o próximo ano. (A fotografía é de Tati Mancebo).”

Desde a Editorial Galaxia, 16/07/2015.

Publicación por entregas de Tertúlia revisitada, desde o 4 de febreiro, en Palavra Comum e Praza Pública

EditadaPortada Tertúlia Revisitada en formato dixital por Algueirada, a partir do día 4 de febreiro publícase por entregas Tertúlia revisitada, de Xavier Alcalá, en Praza Pública e Palavra Comum.

Tertúlia foi unha novela anatematizada polo establishment da Galicia de hai 30 anos. A súa única edición, de 3.500 exemplares, vendeuse axiña, mais o editor (Sotelo Blanco) foi duramente presionado para non reeditar o libro. Devolveulle os dereitos ao autor. O autor fartouse de críticas perversas (en paralelo con loanzas sinceras) e decidiu deixar pasar o tempo.

Con Tertúlia ocorrera un fenómeno propio da fantasía literaria: a novela trataba o caso dun autor que supostamente fai un plaxio e manda o texto a un concurso coidando que a ignorancia literaria do xurado non vai detectar tal condición espuria. Enviada na realidade ao Blanco-Amor de narrativa longa, sendo a obra elixida para gañar, comezaron as manobras da Irreal Academia do Impaís (tamén chamada Real Academia Galega) para conseguir un voto en contra. O representante das “vacas sagradas” batallou ante o xurado con dous argumentos: a mofa á institución e a posibilidade de que a “novela interior” do texto fose un plaxio. Logo de publicado o libro, o membro do xurado que cedera ante a Academia pediu perdón ao autor pola fraqueza de terse deixado manexar.

Todo isto e moito máis cóntase en Tertúlia revisitada. Esta revisión contén unha nova novela interior, O Abrigo do Sol, que non coincide máis que en parte do seu tema básico coa novela interior de Tertúlia: a ben coñecida e reeditada Cárcere verde (versión galega) e Contra el viento (versión castelá).

A profesora Fina Roca Díaz fixo un estudo comparativo de Tertúlia-Cárcere verde fronte a Tertúlia revisitada-O Abrigo do Sol que se ofrecerá coa edición en formato dixital. Roca é a máis teimuda defensora de Tertúlia, grande coñecedora do ambiente en que se xerou o primeiro libro e, por razóns profesionais, seguidora dos aconteceres no sistema literario galego dos últimos 30 anos.

Hoxe na Feira do libro da Coruña

Tati Mancebo, Vicente Araguas e Víctor F. Freixanes acompañarán a Xavier Alcalá na presentación da súa última novela, Verde oliva, a historia dunha axente secreta galega durante a revolución cubana.

A heroína de Verde oliva puido nacer en Cuba e criarse alí, desde sempre no ambiente que conduciría á rebelión contra Batista, mais, por cousa dos azares da vida, veu ao mundo nunha aldea da Mariña luguesa o 20 de xullo de 1936. Así e todo, aos catorce anos desembarcaba no porto da Habana. Co mester do narrador experto, Xavier Alcalá conta a historia desta loitadora pola liberdade que, educada nun mundo burgués, intervén na guerra secreta desenvolvida durante a revolución cubana.

Velaquí podedes ler as primeiras páxinas do libro. [Vía Editorial Galaxia]

La Habana, 10 de marzo de 1952, golpe de estado de Batista. Mariana, hija de gallego «habanero» y criolla, se integra en una red secreta de agentes encargados de destruir al «batistato» e interviene en peligrosas misiones arriesgando su vida: La guerra secreta durante la revolución cubana.
Mariana llega a La Habana e inmersa en los ámbitos de ciudad avanzada, recibe buena educación y participa del lujo de quienes se permiten vivir en Tarará.
Su padre, republicano en España y ortodoxo en Cuba, es amigo de personajes como Eduardo Chibás Rivas o Raúl Roa, y la imbuye de ideas democráticas que chocan con la dictadura de Batista. Esto, junto al ambiente de su colegio y de la academia de periodismo a la que asiste, la llevan a participar en el Movimiento 26J.
Esta es la historia, narrada en primera persona, de una inmigrante burguesa que se convierte en agente del 26J y actúa en arriesgadas misiones, a la que no se le ha perdido nada en una guerra civil tan cruel como la que hubo en Cuba.
[Vía Nowtilus]