Recensión sobre A nosa cinza, por Cristina Carreño Fernández

Publicada no Galicien Zentrum der Universität Heidelberg, realizada por Cristina Carreño Fernández:

“O famoso e coñecido libro A nosa cinza (1980) de Xavier Alcalá; o célebre escritor español en lingua galega, posúe a habilidade de mostrar as mil facetas que ten o paso da nenez á adolescencia de xeito atemporal, facéndonos sentir identificados e verdadeiramente engaiolados na historia do noso protagonista, un rapaz que vai evolucionando ao longo da historia, cos seus momentos de éxito e de fracaso, coas súas vitorias e derrotas.

Non é que a vida de Xoán (o noso prezado protagonista) sexa máis importante ou menos cá dos demais, pero achega unha visión introspectiva impresionante sobre a formación dunha persoa en todos os ámbitos (escolar, relixioso, social, sexual etc.) e, á vez, unha panorámica xeral desta etapa histórica sempre tan recorrente na literatura (a posguerra), sen esquecer os acontecementos máis destacados da mesma, que son integrados e manifestados nos cambios e progresos da mentalidade do cativo.

O libro contén innumerables personaxes con visións absolutamente contrapostas do que constitúe o mundo e iso é, persoalmente, o que fai do libro un éxito absoluto, o choque entre os diferentes xeitos de ver o mundo e como afecta isto a un pequeno que aínda está a se formar, e que pode ser vulnerable e influenciable a todas estas variedades.

Grazas a esta contraposición de pareceres, os personaxes apórtannos dende os máis acertados e meditados consellos, ata as máis tabuizadas crenzas populares. Do tipo “A filosofía máis fonda desta vida non chega máis fondo que o fondo da pota de caldo de todos os días.” son as sentenzas que atopamos ao longo de toda a apaixonante novela, que ten tamén a habilidade de facermos reflexionar sobre as propias crenzas e dubidar sobre as nosas certezas sen impoñer nunca unha.

O que eu máis quería salientar desta novela, e o que eu tamén aprendín dela, é precisamente que unha persoa defínese polo conxunto dunha mentalidade común e non só por el mesmo como ás veces pensamos. O que quero dicir é que estamos condicionados polas circunstancias, xa sexa a época histórica na que nos atopamos, a posición económica da nosa familia, e despois, eso si, as nosas eleccións; moitas veces tamén condicionadas e fortuítas; dos amigos e coñecidos. Outro factor que vai cambiar a mentalidade do protagonista e que será tamén o fío condutor da novela vai ser a conciencia da morte, o medo a ela, e a intervención da relixión como salvación.

Deixádevos seducir polas follas deste libro recheo de emocións e simplicidade, pois é un deses que cando o empezas a ler queres e non queres seguir. Queres, porque xa te encandeou dende as primeiras páxinas, e non queres porque tampouco deveces por terminalo.

Todo ten un comezo e un fin, pero asegúrovos que o desenlace non é para nada fortuíto como o prologuista pensa, senón que ten unha transcendencia absoluta á hora de comprender o conxunto da obra e de entender tamén a mentalidade humana, por iso, como recomendación persoal, aconsellaríavos que non lésedes o prólogo, xa que desvela información valiosa e pode darmos unha mala e (por suposto) errónea impresión do relato.”

Crítica literaria de Fábula no blog Palabras y mundos

DesdeFábula Palabras y Mundos:
“Tiven nas miñas mans un libro de título “Fábula” do escritor Xavier Alcalá, editado pola Editorial Galaxia e está cheo de memoria. Memoria sobre a historia de España e a historia de Galicia tamén.
Esta novela publicouse por primeira vez en 1980 e recibiu o Premio Nacional da Crítica nese mesmo ano. Non é de estrañar que o recibira porque esta novela sin dúbida é diferente.
Situada na época da Transición española, a través da voz dos seus persoaxes remontarémonos na historia ata a Guerra Civil española, é durante a guerra onde se desenrolan todos os males que despois treaerán unha ringleira de vinganzas. Os feitos nárranse aquí dunha maneira orixinal, pois nalgúns intres o autor utilíza o xénero periodistico e por outros o relato novelado ou o relato en primeira persoa o que fará da novela en xeral unha historia axil e rápida de ler, e moi entretida.
Caciques, periodístas, políticos, traballadores, matóns descerebrados e emigrantes que fuxen e volven co tempo, todos xúntanse aquí para demostrar de novo que a loita entre os dous bandos existe, a pesar do paso do tempo, e que as vinganzas seguiron adiante moito tempo despois de rematado o conflicto bélico.A historia baséase en feitos reáis e cando o autor escribiu o libro as testemuñas aínda sentían a rabia correr polas súas veas.
Este libro é un dos moitos relatos que existen na literatura que amosan que, en España, ainda hoxe non se queren destapar segredos inconfensables, verdades noxentas e capítulos oscuros da nosa historia. Ambos bandos mataron e erraron, e ambos deberían pechar capítulos e centrarse nos novos tempos nos que estamos que ben malos son, e non cometer os erros doutros tempos.
Xavier Alcalá xoga co lector, e faino sentir nuns intres un cacique enfermo, noutros un matón descerebrado, e noutros unha muller nova, traballadora e loitadora.Tamén serás unha clásica muller do seu tempo educada para casar e ter fillos, un politico xoven ou un periodísta con desexos de atopar as verdades dolorosas doutros tempos. Remataredes por coñecer os persoaxes principais perfectamente e sorprenderávos cando descubrades o misterio que agocha a historia.
Realmente este libro é unha incursión a Transición española en Galicia, o ambiente aparece moi ben reflectido, non só polos acontecementos en si, senón tamen porque a través dos pensamentos de cada persoaxe podes ver con claridade o pensamento e o sentimento do estamento ó que pertence cada un. Se a iso engades as descripcións de lugares e situacións pois o resultado é unha ambientación perfecta para un horrendo feito que se deu na vida mesma e que ainda hoxe doe. Sentiredes o odio, o medo, a envexa, a intriga, a dor, a doble moral dalgúns persoaxes e da sociedade, a maldade pura e dura, e veredes o pensamento arcaico da sociedade de eses tempos maquillada coa palabra democracia. Unha sociedade que quere progresar pero que aínda leva gravado na pel as actitudes dos tempos oscuros e que lle costa quitalos de enriba, que viven pendentes do que dirán, que aceptan con normalidade que un home teña amante máis non aceptan que unha muller teña un fillo de solteira e non case co pai do cativo; ou un home moderno, político, sindicalista , que loita polos dereitos dos traballadores,a favor da democracia e das libertades pero que agocha o embarazo da súa noiva ante a sociedade mentres non casa pola Iglesia con ela, para evitar o “qué dirán” da sociedade e tal vez para non perder a súa “imaxe” ante seus compañeiros de partido. Unha sociedade chea de contradiccións e de pensamentos rancios, unha sociedade rencorosa e vengativa.
Gustoume tamén como se trata o téma da prensa, do cuarto poder e a súa influencia na sociedade, nos gobernos. A censura sobre a prensa e os medios de comunicación por parte do goberno impedíndo a publicación daqueles artigos que din verdades molestas e que hai que retirar da circulación para que o pobo non o saiba e se lles vaian enriba, ou para que unhas votacións non xiren en contra o coñecer o pobo a verdade sobre algún feito de relevancia referente o ente que está no goberno ou na oposición. A manipulación que se pode realizar sobre a opinión pública segundo saia un artigo ou outro, e acadar un obxetivo ou outro por parte dos gobernos. A importancia de ter os periódicos a favor do goberno para contar as historias segundo conveña, e decir, a importancia da independencia da prensa.
Todo o libro, polo que conta e como o conta, chama a atención do lector, sobre todo sabendo que está basado en feitos reáis. Gustoume especialmente as formas tan distintas de pensar das mulleres que desfilan pola obra, dende a muller tradicional, casada co seu marido porque as circunstancias non lle puxeron outro mellor diante, muller de igrexa, sempre un paso por detrás do seu marido, a ama de casa perfecta sempre disposta a agradar o seu marido e a servirlo por pensar que ten “unha débeda de cariño con él”…fronte a outra muller totalmente diferente traballadora, con ideas políticas e comprometida coas súas ideas, cunha mente aberta e moito máis liberal…persoaxes totalmente opostos, formas diferentes de ver o mundo e de vivilo, mulleres que representan as vellas formas de vida fronte os novos tempos.
A min o libro gustoume moito, polo que conta, por como o conta, unha denuncia social do que se fixo e non se pode facer, unha demanda de xustiza para todos os que non a tiveron, un grito contra a intolerancia porque non se pode matar a outros por pensar diferente, por apoiar outras ideas, un libro que loita contra a censura da prensa ou de calquer outro medio e un canto a liberdade e a xustiza.
Tédelo que ler!!”

Encontro con Xavier Alcalá: Ler na era dixital, desde o IES Sofía Casanova de Ferrol

Estou moi agradecido por este magnífico traballo feito no IES Sofía Casanova de Ferrol, Encontro con Xavier Alcalá: Ler na era dixital.
Un repaso exhaustivo arredor da miña persoa e obra feito desde o Departamento de Lingua Galega e Literatura, o de Dinamización Lingüística e a Biblioteca deste instituto de ensino secundario, no marco do Mes das Letras no Sofía 2015.
Convídovos a entrar na páxina e, nomeadamente, a visitar o Roteiro da novela A nosa cinza.

Roteiro A nosa cinza