Entrevista no Diario Cultural da Radio Galega sobre Tertúlia revisitada

TivenPortada Tertúlia Revisitada a honra de ser entrevistado por Ana Romaní no programa da Radio Galega Diario Cultural, con motivo do inicio da publicación por entregas de Tertúlia revisitada en Palavra Comum e Praza Pública.
Foi emitida o 5 de febreiro deste 2015:
““Un escritor fai un plaxio e mándao a un concurso esperando que non llo descubran, ese é o tema da novela e eu mandeina ao Blanco Amor”.
O escritor fala da peripecia que acompañou a súa novela Tertúlia no ano 1985. Alcalá recupéraa agora en edición dixital co título de Tertúlia revisitada.”
A entrevista emitida pode escoitarse aquí.

Publicación por entregas de Tertúlia revisitada, desde o 4 de febreiro, en Palavra Comum e Praza Pública

EditadaPortada Tertúlia Revisitada en formato dixital por Algueirada, a partir do día 4 de febreiro publícase por entregas Tertúlia revisitada, de Xavier Alcalá, en Praza Pública e Palavra Comum.

Tertúlia foi unha novela anatematizada polo establishment da Galicia de hai 30 anos. A súa única edición, de 3.500 exemplares, vendeuse axiña, mais o editor (Sotelo Blanco) foi duramente presionado para non reeditar o libro. Devolveulle os dereitos ao autor. O autor fartouse de críticas perversas (en paralelo con loanzas sinceras) e decidiu deixar pasar o tempo.

Con Tertúlia ocorrera un fenómeno propio da fantasía literaria: a novela trataba o caso dun autor que supostamente fai un plaxio e manda o texto a un concurso coidando que a ignorancia literaria do xurado non vai detectar tal condición espuria. Enviada na realidade ao Blanco-Amor de narrativa longa, sendo a obra elixida para gañar, comezaron as manobras da Irreal Academia do Impaís (tamén chamada Real Academia Galega) para conseguir un voto en contra. O representante das “vacas sagradas” batallou ante o xurado con dous argumentos: a mofa á institución e a posibilidade de que a “novela interior” do texto fose un plaxio. Logo de publicado o libro, o membro do xurado que cedera ante a Academia pediu perdón ao autor pola fraqueza de terse deixado manexar.

Todo isto e moito máis cóntase en Tertúlia revisitada. Esta revisión contén unha nova novela interior, O Abrigo do Sol, que non coincide máis que en parte do seu tema básico coa novela interior de Tertúlia: a ben coñecida e reeditada Cárcere verde (versión galega) e Contra el viento (versión castelá).

A profesora Fina Roca Díaz fixo un estudo comparativo de Tertúlia-Cárcere verde fronte a Tertúlia revisitada-O Abrigo do Sol que se ofrecerá coa edición en formato dixital. Roca é a máis teimuda defensora de Tertúlia, grande coñecedora do ambiente en que se xerou o primeiro libro e, por razóns profesionais, seguidora dos aconteceres no sistema literario galego dos últimos 30 anos.